Didáctica: Tema 11

 


Dende que comezamos o mestrado, tanto nesta como noutras materias, o tema da avaliación sempre me resultou do máis interesante (probablemente porque é algo do que, como alumno, estás constantemente pendente). Dentro desta cuestión, a rúbrica é un elemento do que vimos falando en diferentes materias, pero dun xeito máis ben superficial. Agora, por primeira vez, tívemonos que enfrontar ó deseño dunha rúbrica pola nosa propia conta, e puidemos comprender algúns matices e ideas sobre os que anteriormente non reflexionaramos. Nesta entrada falarei dalgunhas cuestión que me chamaron a atención respecto ás rúbricas e, posteriormente, sobre a coavaliación como un tipo de avaliación un tanto controvertido, pero sobre o que, tras a sesión do tema, cambiou parcialmente a miña opinión.

O deseño dunha rúbrica resultou bastante complexo. Descoñezo se ás miñas compañeiras e compañeiros lles ocorreu o mesmo, pero cando a clase comezou eu estaba convencido de saber o que era unha rúbrica e en que consistía, e segundo avanzaba a clase, cada vez tíñao menos claro. E non porque as explicacións non fosen precisas, senón porque me din de conta de que a miña idea de rúbrica cumpría coa maioría de erros típicos que fomos tratando na sesión. Por exemplo, se atendemos á definición de criterios (adecuados, claros, observables, distinguibles, completos e que se poidan describir nun continuo), automáticamente a miña de rúbrica quedaba xa seriamente perxudicada. No seguinte vídeo podes ver unha explicación sinxela e moi interesante sobre as rúbricas como instrumento de avaliación.

Dende o momento que entendemos a definición de criterios a partir destas características, sabemos que a rúbrica, dentro do posible, ten que eliminar a subxectividade. Parece unha cuestión sinxela, pero durante a actividade que realizamos tivemos varios debates respecto a esta cuestión (que quere dicir exactamente, por exemplo, que un alumno elabora un discurso sen dificultades? Como medimos esas dificultades?). Tamén tendemos no noso grupo a articular os criterios dende unha perspectiva moi cuantitativa (emprega pouco/moito/ningún vocabulario; emprega un/dous/ningún dos documentos dados, etc.) o cal nos obrigou a modificar en varias ocasións o escrito, ao entender que a rúbrica ofrece ningún tipo de vantaxe neste tipo de medicións. En xeral atopámonos ante unha actividade de certa dificultade, pero moi útil de cara a nosa labor como docentes, e que, ademáis, ao ser realizada sobre outra actividade deseñada tamén por nós, resultou ata certo punto amena, xa que non tivemos que realizar un esforzo en comprender unha nova actividade.

Se ben supón un cambio de tema, non quería nesta entrada deixar pasar o tema da coavaliación. A miña opinión da coavaliación antes da sesión era bastante clara: a coavaliación, ademáis de ineficiente pola falta de obxectividade que presentarán as calificacións e o feedback, resulta comprometedora para o alumnado, xa que asume a responsabilidade de valorar a outros compañeiros, sabendo os conflictos que unha mala avaliación pode xerar. O caso que puidemos ver na aula cambia parcialmente a miña idea sobre a coavaliación, aínda que reforza a miña visión da mesma como altamente complexa.


Ata este momento, a miña concepción de “coavaliación” supuña un tipo de avaliación aplicado en momentos puntuais, para determinadas actividades ou tarefas. Probablemente este era o meu principal erro. No vídeo puidemos ver como a coavaliación na aula se conformaba máis ben como un sistema, como un xeito de entender a propia clase e a relación entre compañeiros e compañeiras. Esta automatización de lóxicas ligadas a coavaliación favorece que un posible feedback negativo non sexa tomado como algo persoal, senón como algo sobre o que reflexionar para mellorar un mesmo. Ao recibir este feedback por parte dun compañeiro e non dun profesor, os estudantes parecen tender a aceptalo mellor, e a tomalo máis en serio. Polo tanto, se este sistema de coavaliación se implementa de xeito adecuado e fomenta a participación activa dos alumnos e alumnas, a aula entra nunha dinámica de colaboración mutua e de motivación grupal, mellorando o rendemento de cada estudante. Podes facer clic aquí para ler un artículo que traballa estas cuestións (se ben as aplica nun contexto universitario)

Agora ben, ¿é posible implementar este sistema nunha aula “típica” dun instituto español? Si, seguro. Pero pensó que presenta moitas dificultades. Creo que este é un sistema válido, pero que precisa dun cambio máis xeral na educación, ou incluso na sociedade, abandonando o individualismo que a caracteriza. Introducir estas dinámicas dun curso para outro a un alumnado adolescente paréceme unha tarefa moi complicada, e que, mal levada, podería convertirse nun auténtico problema para o ambiente da clase. En todo caso, sería interesante contemplar a coavaliación como un elemento interesante para introducir paso a paso, a medio-longo prazo. Neste proceso, ademáis, irianse fomentando actitudes de colaboración e participación activa, tan necesarias para os distintos ámbitos da vida, tanto na infancia, como na adolescencia ou na adultez.

A modo de conclusión, penso que este foi un tema que captou a atención de todos, ao “trastocar” algunhas ideas previas que probablemente moitos tiñamos en relación tanto ás rúbricas como aos tipos de avaliación, especialmente a coavaliación. As actividades realizadas, ao igual que no tema 3, fomentaron o debate activo, do que puidemos extraer conclusións e puntos de vista diversos. En xeral, penso que os coñecementos adquiridos serán moi útiles de cara o futuro, e que o pensaremos dúas veces antes de empregar unha rúbrica calquera sacada de internet, ou antes de pedir a un alumno que avalíe ao seu compañeiro sen máis. Tanto na teoría como na práctica, puidemos entender que a avaliación non é un mero proceso de “calificación”, senón que no seu desenvolvemento debemos ter moi en conta o factor motivación, axudando especialmente a aqueles alumnos con dificultades a perseverar, ofrecendo un feedback correctivo pero tamén destacando os aspectos positivos (pareceume moi interesante esta lista de "regras de ouro" para dar feedback). Neste sentido, tanto a rúbrica como recurso, ou a coavaliación como tipo de avaliación, proporcionan (se se empregan de xeito adecuado) unha valiosa información ao alumnado e que pode, ademáis, repercutir no seu desexo por seguir esforzándose e mellorando.

 

Comentarios

  1. Ola, Diego!
    Antes de nada parabén pola túa entrada. Teño que dicirche que ao noso grupo tamén nos pareceu complexo deseñar a nosa propia rúbrica, sobre todo no momento de seleccionar os criterios que queríamos avaliar e logo a hora de redactar xa que moitas veces quedaba un texto ambiguo ou xa non sabíamos como completalo. Pero grazas o feedback da docente creo que conseguimos ter algo medianamente decente (aínda nos quedan moitas cousas que mellorar nisto pero é normal xa que é algo novo para nos). En canto a coavaliación, estou de acordo contigo. Eu tamén pensaba que pedirlle ao alumnado que avaliase ao seu compañeiro é poñelo nun compromiso, pero grazas a esta clase comprendín que realmente ese feedback entre compañeiros pode ser algo bo. Sobre todo porque moitas veces un alumno síntese ben recibindo un comentario dunha persoa que está ao mesmo nivel ca el, mesma idade, ca un comentario dunha persoa con máis experiencia como pode ser un docente. Iso si, tal e como vimos na clase, creo que antes de empregar calquera método de avaliación creo é fundamental explicarlles ben ao alumnado a importancia da avaliación. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola, Diego!

    No puedo estar más de acuerdo contigo en lo que a diseñar una rúbrica se refiere. Yo sabía que actualmente están muy de moda en los colegios, ahora lo que menos me imaginaba es que iba a costar tanto elaborar una rúbrica correctamente. Igual que os pasó a vosotros, en nuestro grupo también caíamos una y otra vez en la perspectiva cuantitativa y nos resultaba muy difícil no emitir juicios de valor. Personalmente, me pareció una actividad compleja, para la que se necesita mucha práctica, tiempo y paciencia, pero me alegro de haber podido experimentar con algo tan útil para nuestro futuro.

    Respecto a la coevaluación, yo me sentía al contrario que tú, ya que lo veía como algo diferente a la evaluación vertical a la que estamos acostumbrados y pensaba que a los alumnos les resultaría motivador. También es verdad que no me había parado a pensar demasiado en todos los inconvenientes que mencionas tú y que debatimos en clase. De hecho, cambié ligeramente de opinión después de ver el vídeo que nos puso Cristina porque me pareció un sistema bastante utópico para implementar en las aulas españolas. No obstante, si funciona en otros países, también lo podemos hacer funcionar aquí. Simplemente tenemos que cambiar el chip, establecer unas pautas y, lo más importante desde mi punto de vista, sistematizarlo. Creo que puede ayudar mucho a mejorar las relaciones en el aula y ciertas dificultades de aprendizaje.

    Un placer leer tus reflexiones respecto a este tema. Nos vemos en clase cuando nos dejen volver. ¡Un abrazo! :)

    ResponderEliminar
  4. Ola, Diego!
    Fantástica entrada e fantásticas reflexións. Coincido contigo no enganada que estaba con respecto ás rúbricas, é máis, hei de dicir que as aclaracións que fixemos nestas sesións fixéronme vela como un instrumento eficaz porque (confésome) antes víalles algunhas limitacións. E esas limitacións eran precisamente atoparte con unha actuación do alumnado que non estivese recollida na rúbrica, e entón que fas? Agora comprendín que isto non é posible cunha rúbrica ben artellada, desprovista de subxectividades, baseada nos criterios adecuados e elaborada atendendo á calidade e non á cantidade. En canto á coavaliación un pouco do mesmo: ten que haber un traballo previo detrás para que pague a pena. Como ti ben comentas, a implantación sistemática deste sistema de avaliación non che digo que as primeiras veces non vaia a caer no típico "10 aos amigos", pero probablemente a segunda vez xa non. O alumnado precisa coñecer ben por que se está levando a cabo e só así, e con práctica, pode saír este sistema adiante e, ademáis, creo que dando moi bos resultados. Encantaríame polo en práctica durante un curso enteiro.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  5. Boas, Diego! Moitos parabéns, xa que fixeches un traballo digno de louvar. Gustoume moito como enfocaches a túa entrada, xa que constantemente aportaches o teu punto de vista sobre as cuestións das que falaches, ademais de incluír reflexións realmente interesantes. Estou moi dacordo en que o tema da avaliación é quizais un dos aspectos máis interesantes deste mestrado. Eu persoalmente quería tratar a avaliación en profundidade, e este tema 11 da materia permitiu facelo dun xeito moi interesante. Concordo contigo en que o deseño da rúbrica foi un pouquiño compricado, xa que eu tamén tiña outra idea sobre qué era unha rúbrica, e ás veces a confundía cos baremos, que como dixo Cristina, nin moitísimo menos son o mesmo. O aspecto positivo, como tamén comentas, é o feito de que a rúbrica que tivemos que deseñar tiña relación coa actividade creada previamente no tema 3, e polo tanto xa estabamos familiarizados coa tarefa. Noraboa tamén por ter incluído o vídeo sobre as rúbricas, xa que pareceume que complementou moi ben o exposto na clase. En canto á coavaliación, teño que dicir que penso igual ca tí; creo que sería compricado empregala nun instituto español a día de hoxe. Si ben é certo, poderíase implementar de xeito paulatino, para tentar vencer ese individualismo que quizais caracteriza a moitos dos nosos alumnos. En resumo, temos que fomentar a colaboración entre o alumnado para garantir o bo funcionamento da coavaliación na aula. Para concluír, quero volver felicitarche polo teu traballo, Diego, que foi sobresaínte. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  6. ¡Hola Diego! Tu entrada es muy interesante y tengo que decir que comparto todo lo que dijiste. Nos tocó elaborar la rúbrica juntos y es verdad que nos dimos cuenta muy rápido de que no era un ejercicio fácil. Sin embargo, es una herramienta muy interesante ya que el carácter descriptivo de los criterios expuestos en la rúbrica permite a nuestros alumnos saber exactamente lo que esperamos de ellos en una actividad en particular. Algo que a mí cómo estudiante me ha ayudado siempre a la hora de realizar un trabajo. Gracias por el vídeo que nos dejaste que explica muy bien cómo elaborar una rúbrica. Supongo que con la práctica nos parecerá un pelín más fácil, o eso espero ...
    Con respeto a la coevaluación pues sigo sin estar convencida, seguramente porque aún siento que no tengo muy claro cómo ponerla en práctica de manera eficaz. Cómo tú me parece ser un método de evaluación bastante complejo. Creo que habrá que ponerlo en práctica para realmente darse cuenta de su funcionamiento.
    Gracias por tu entrada y los links que nos dejaste que nos ofrecen tips para mejorar nuestro proceso de evaluación.
    Un saludo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario