Tema 2: O contexto no enfoque adoptado no MCER: comparación coa a miña experiencia na secundaria


Revisando algunha información sobre o enfoque adaptado do MCER, vexo que foi proposto inicialmente no 2002. Chamoume enormemente a atención. Entendo que este tipo de propostas educativas tenden a prosperar co tempo, e non inmediatamente, pero cando penso que en toda a miña etapa de secundaria (entre 2004 e 2010) esta proposta estaba xa vixentes, non podo evitar, polo menos, sorprenderme. Quero falar precisamente deste contraste entre o enfoque adaptado e a miña experiencia personal na secundaria, cunha metodoloxía tradicional.

Primeiro de nada: cal é o enfoque adoptado no MCER?

“El uso de la lengua –que incluye el aprendizaje– comprende las acciones que realizan las personas que, como individuos y como agentes sociales, desarrollan una serie de competencias, tanto generales como competencias comunicativas lingüísticas, en particular. Las personas utilizan las competencias que se encuentran a su disposición en distintos contextos y bajo distintas condiciones y restricciones, con el fin de realizar actividades de la lengua que conllevan procesos para producir y recibir textos relacionados con temas en ámbitos específicos, poniendo en juego las estrategias que parecen más apropiadas para llevar a cabo las tareas que han de realizar. El control que de estas acciones tienen los participantes produce el refuerzo o la modificación de sus competencias.


Niveis establecidos polo MCER

Polo límite de extensión da entrada, quérome centrar unicamente nun concepto, pola súa case total inexistencia na miña experiencia en secundaria: o contexto no ensino-aprendizaxe. Nun primeiro momento (de feito cheguei a redactalo) pensaba falar tamén da importancia da participación activa do alumando, pero, honestamente, levamos todo o mestrado tratando ese tema nas diferentes materias, e coido que non podería aportar moito máis do xa traballado. Destaco tres aspectos da ensinanza contextualizada, ausentes na miña etapa en secundaria.

-        O contexto como unha práctica para a vida real

A descontextualización do ensino de idioma foi unha das principais características nas miñas clases de inglés na secundaria. As unidades didácticas abarcaban temas concretos, a partir dos cales se podía traballar, pero o certo é que os contidos rara vez eran contextualizados: máis ben, eran exercicios soltos, repetitivos, aburridos, e que non esixían concentración máis aló dos poucos minutos que se lle dedicaban. Aprender, por exemplo, de memoria unha lista de verbos irregulares para a súa posterior recitación na clase, é un exercicio descontextualizado e, dende o meu punto vista, inútil (o alumno ou alumna esquecerá os verbos tan pronto deixe de empregalos: é dicir, en canto remate o exercicio comezará a esquecer).

Adoptar a proposta do MCER, pola súa parte, permite un ensino focalizado en ámbitos e situación da vida real, práctico, que prepara ó alumnado para eventos de diferentes tipos que poderán ter lugar na súa vida. Cando deixamos de lado a memorización como un fin en si mesmo, e situamos o desenvolvemento de habilidades comunicativas como obxectivo de ensino, parece lóxico empregar simulacións da vida real como unha estratexia para mellorar estas habilidades e preparar ao alumnado para o futuro.

-        O contexto como unha fonte de motivación

As tarefas e exercicios carente de contexto tenden a ser máis desmotivamentes. Unha das grandes preguntas que faciamos constamente era a de “e a min para que me serve isto? Para que me serve aprender unha lista de verbos irregulares?” Os exercicios eran unha especie de travesía polo deserto (non sabes onde estás, nin a onde tes que ir, pero ti camiñas a ver se nalgún momento saes de aí), non fomentaban a creatividade, so tiñan unha única solución e non permitían sairse en ningún sentido do estricto camiño marcado por un libro de solucións ao que unicamente o docente tiña acceso. Este tipo de rutina é de todo menos motivante, como xa sabemos.

A contextualización permite dar unha repsosta á pregunta “para que serve?”, que será máis ou menos satisfactoria, pero é unha resposta. Hai un ambiente, unha situación, un propósito, unhas estratexias para acadalo… e permite ademáis que os propios alumnos participen non so na resolución de tarefas, senón na elaboración e escolla das mesmas, de acordo aos seus propios intereses. Permite unha maior creatividade, unha búsqueda activa e elaboración de estratexias para solucionar un problema de xeitos diversos e, en xeral, facilitará que os alumnos estén máis motivados ao entender que o que fan ten utilidade e que gozan de certa liberdade de actuación.

-        O contexto como unha guía para o ensino

Aparte dos dous puntos comentados ata agora, vinculados ó carácter práctico e motivante da contextualización, tamén considero destacable a súa función como “guía” tanto para o alumnado como para o profesorado. Durante a secundaria, era habitual (MOI habitual) que os estudantes non soupéramos situarnos dentro dos contidos das unidades. É dicir: perdiamos o fío con rapidez, esqueciamos o visto o día anterior, non relacionabamos uns contidos con outros e, en xeral, cada clase era na práctica un evento illado dos demáis. Penso que, por non saber, ás veces case non sabiamos nin onde comezaba unha unidade e remataba a outra.

Darlle un contexto ás tarefas permite temporalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe de acordo a temáticas concretas. Se o tema dunha unidade é a comida, tarefas como elaborar receitas, un menú de restaurante, simular unha reserva dunha mesa para cear, etc. permiten aos alumnos asociar moito mellor as diferentes contidos e actividades, e servirse destas para manter un fío ou unha guía e seguir o curso. Isto tamén se pode facer – e de feito faise - sen contexto, pero non resulta eficaz. Se a temática é a comida, e os exercicios se limitan a relacionar vocabulario, cubrir ocos e repetir frases… por moito que esté todo vinculado á comida, será máis difícil manter a atención, relacionar actividades e ter un esquema mental de que é realmente o que se está traballando na unidade. A falta de participación activa e de experiencias propias contextualizadas dificulta este proceso.

A modo de conclusión, simplemente indicar que a proposta do MCER parece incompatible cons métodos de ensinanza tradicionais, baseados na simple recepción de información por parte do alumno e do seu papel pasivo. Adaptar a contextualización como un elemento máis no proceso de ensino, parece favorecer de xeito claro a aprendizaxe de idioma, ao situar o alumnado en situacións reais, respondendo así á pregunta “para que me serve”?, motivándoo a crear estratexias e buscar solución ás tarefas, e servíndolle de guía nun mar de contidos que, doutro xeito, pode facerse bastante complexo.

Comentarios