Partamos dunha idea que pode resultar, sen unha explicación posterior, un tanto controvertida: os estereotipos son útiles e incluso necesarios na ensinanza de linguas. O ensino dunha lingua implica necesariamente o ensino dunha cultura. E para introducir unha cultura a un grupo de alumnos e alumnas, son un recurso útil, que permite non so achegar algunhas ideas básicas sobre a sociedade da lingua meta, senón tamén xerar certo atractivo, fomentando así unha actitude de maior interés e unha maior motivación.
Entón, que problema hai cos estereotipos? Xa os sabemos todos: xeneralizacións, esaxeracións, imprecisións, prexuizos, etc. Ollo, caeriamos nun erro se pensasemos que a aula de idioma é o único ambiente no que se xeran este tipo de ideas preconcebidas. O proceso de ensinanza-aprendizaxe na clase enfróntase tamén a ideas adquiridas no exterior e a través de outras vías (fundamentalmente, os medios de comunicación). De feito, e aínda que isto é unha suposición, penso que non sería arriscado afirmar que a maioría do alumnado que se decanta polo estudo dunha lingua a partir de certa idade (adolescencia), xa presenta certas ideas sobre a sociedade da lingua meta que comeza a estudar.
No caso do xaponés, por exemplo, é habitual que os alumnos teñan certas ideas sobre cultura xaponesa, adquiridas en moitos casos a través do consumo de productos da cultura popular nipona. Anime, manga, videoxogos, idols, cine, literatura... E sendo honestos, se ben estas fontes presentan (como ocorre para calquera outra cultura) unha visión non sempre realista e con certa distorsión da sociedade xaponesa, o certo é que tamén poden permitir axudar a comprender determinadas cuestións. De feito, é habitual que nunha clase de xaponés se empreguen este tipo de productos culturais para exemplificar aspectos da sociedade. Pero, máis aló disto, tamén están presentes no alumnado aquelas ideas que, sen saber moi ben como nin por que, se asentan nunha maioría da poboación: os xaponeses son moi traballadores, moi educados, moi organizados, moi responsables, moi puntuais, cun gran sentido do honor... pero tamén son moi raros.
Quitando o apelativo de "raros", o demáis parecen estereotipos positivos. Por que non fomentalos, entón, para presentar a cultura dende unha perspectiva positiva? Dende o meu punto de vista, porque distorsionan a realidade, ao presentala dun xeito simplificado e incompleto. Os estereotipos, positivos ou negativos, son valoracións realizadas dende a visión e a cultura propias. Aquí é a onde quería chegar e onde quería realizar unha pequena proposta. Por que non realizar na aula un traballo de investigación e análise dos estereotipos? Non sería esta unha forma estupenda de coñecer a cultura e, á vez, discernir as xeneralizacións e prexuizos típicos? Seguindo co exemplo do xaponés, un traballo de análise sobre a idea dos xaponeses como "moi traballadores", podería levar ós alumnos e alumnas a conclusións como as seguintes:
Son os xaponeses "moi traballadores"?: a cultura do traballo en Xapón presenta unhas caracteríticas moi concretas que, aínda que están cambiando dende os 90 e 2000, todavía teñen bastante forza (por exemplo, o traballo único para toda a vida ou a promoción por antigüedade). As horas extra son unha constante, existe unha palabra (karoshi) para definir a morte por exceso de traballo; hai altos niveis de explotación laboral por parte das denominas "Empresas negras" (burakku kigyō); é común a asistencia regular aos nomikai (reunións para beber cos compañeiros de traballo); a búsqueda de emprego (shuukatsu) é un proceso longo, duro e que require estudo e esforzo por parte dos candidatos, alén da presión social por encontrar traballo rapidamente; existe certo estigma hacia os traballadores a tempo parcial ou con contratos temporais, aínda que están en aumento); a porcentaxe de paro está arredor do 3%; as folgas á xaponesa son un completo mito... Realmente ten sentido falar dos xaponeses como "traballadores", sen máis?
Unha análise dun estereotipo, incluso se é breve e moi simple como a presente, pode proporcionar material para todo tipo de tarefas de investigación ou debate, que permitan coñecer mellor aqueles aspectos da cultura xaponesa e desmontar estereotipos que simplifican realidades moito máis complexas. Un traballo interesante podería ser a comparación entre a sociedade propia e a da lingua meta. Podemos aprender moitísimo reflexionando sobre estas ideas preconcebidas, e levar a cabo reflexión valiosais que nos permitan non so aprender sobre a cultura da lingua meta, senón tamén vernos reflexados a nós mesmos na nosa sociedade e cuestionar o que consideramos "natural". Non ten sentido falar dos individuos doutra sociedade en termos absolutos de personalidade (son moi respetuosos, son moi traballadores, son moi...). O que si ten sentido é ver por que dende a nosa perspectiva teñen esa consideración e a que características, estruturas ou dinámicas da sociedade da lingua meta constrúen o que chama a nosa atención e, dun xeito equivocado, convertemos nunha cualidade casi esencial dos individuos desa sociedade.
A idea é, polo tanto, sinxela: non tratemos de evitar nin de obviar os estereotipos. Vexamos cales son, observemos de onde veñen, que forza e presencia teñen no noso alumnado, e propoñamos estratexias para "desarmalos". Nese proceso de "desarme", non so conseguiremos desterralos, senón que, sen dúbida, o noso alumnado coñecerá dun xeito moito máis preciso unha gran cantidade de cuestións culturais que se agochaban detrás da simplificación dun prexuizo.


Ola Diego! Noraboa pola entrada, paréceme que lle das unha volta moi interesante ao tema dos estereotipos empregándoos para que os alumnos descubran por si mesmos aqueles aspectos esaxerados ou distorsionados con respecto á realidade. Coma ti ben dis, traballarías con aqueles estereotipos a priori "bos" coma o concepto de "xaponeses = a moi traballadores" e a min paréceme que desmontando estes estereotipos menos daniños poderías aparcar outros de carácter xenófobo ou racista, xa que estarías dándolles ás aos alumnos para que se cuestionen aquilo que ás veces dan por suposto (sempre moi recomendable). Que nunca nos falte a educación en valores na aula!
ResponderEliminarUnha aperta!
Ola, Uxía! Grazas polo comentario :)
EliminarSi, o tema é que de todo se poden sacar cousas coas que traballar. Os estereotipos, teñan parte de verdade ou non, saen de algún lado, e por algún motivo. Así que penso que traballar co que hai "de fondo" é interesante para coñecer realmente as culturas. Concordo co que dis: ao final pouco a pouco, desmontando estereotipos en principio positivos e vendo un pouco que é o que hai detrás, podemos chegar tamén a desfacer outros máis nocivos. E de paso traballan os alumnos e investigan un pouco, que sempre está ben! Unha aperta!
¡Hola, Diego! Me ha parecido muy interesante esta entrada, y en general todo lo que hablamos el otro día en clase. Estoy muy de acuerdo con la idea de que no debemos olvidarnos de los estereotipos, pero sí hacer una investigación para saber qué es real y qué no. Como ya sabemos, siempre hay algo cierto en estas ideas, pero muchas veces lo real es tan mínimo que casi no es ni apreciable. Por ponerte un ejemplo, aunque yo no tengo mucho conocimiento sobre Japón, sí pensaba que era un país muy tecnológico. Sin embargo, por una amiga que sube muchos aspectos de su vida en Kioto, me di cuenta de que era todo lo contrario. Si incluso tenían miles de carpetas para clasificar el correo postal. Eso me sorprendió mucho.
ResponderEliminarPor otro lado, y en relación de nuevo con el tema de los estereotipos en la enseñanza, yo quise utilizarlos para mi clase de español. Les pedí a mis alumnos que me dijesen todo lo que pensaban de España y fue muy poco llamativo (de verdad que nada original), pero les fui explicando qué había detrás de todas esas ideas (algunas cosas más ciertas, otras menos) y fue la mejor clase que tuve con ellos. Todos querían participar, porque como tú dices, todos vienen con muchas ideas ya cuando escogen aprender una lengua. Considero que es importante que entiendan que detrás de todas estas ideas exageradas y muy nocivas en muchos casos, a veces hay historias completamente diferentes. Al final, nuestro objetivo también es educar para vivir en una sociedad global.
¡Un abrazo!
Ola, Vania! Grazas por comentar!
EliminarÉ interesante o tema que comentas. Sempre se fala de Xapón como un país tecnoloxicamente moi avanzado (que non é mentira), pero pouco ou nada ten que ver a imaxe da capital ou de cidades como por exemplo, Osaka, con outras zonas máis rurais. Kioto, polo que puiden ver eu (non vivín alí pero pasei arredor dun mes en 2015), aínda que tamén ten as súas partes de cidade grande, ten polo xeral un ambiente máis "rural", e de feito o seu encanto, dende a miña opinión, ven precisamente de isto último. Sobre o do correo postal, aínda que non coñezo moi ben, todo o relacionado coa burocracia xaponesa é longo e enrevesado con ganas...
Sobre a segunda parte do teu comentario, é precisamente o que propoño na entrada, so que neste caso explicáchesllo ti directamente. Grazas a iso seguro que os teus alumnos non so coñeceron máis sobre España, senón que foron conscientes dos estereotipos dos que partían, que tamén é moi importante para reflexionar.
Unha aperta!
O profe de portugués - https://oprofedeportugues.fala.gal/
ResponderEliminarBoas Diego, e parabéns polo artigo! A verdade é que é un tema interesantísimo, e tal e como o exemplificas coa cultura nipoa resulta moi gráfico porque en realidade quen máis quen menos ten esas ideas na cabeza.
A túa proposta de coller os estereotipos e poñelos no centro para desarmalos paréceme potentísima, de maneira que se converten en fíos dos que tirar e cos que ensinar unha cantidade de información extralingüística que lle vai servir ao alumnado para entender de maneira profunda o contexto cultural e non quedar, digamos cos "titulares" que nos chegan ao longo da nosa vida.
Pensando en como aplicaría isto nas miñas aulas, ocórreseme a ristra de prexuízos que hai (había?) sobre os portugueses, por exemplo. "Os portugueses son pobres e bigotudos!" E por que temos esta imaxe deles? Cuestións socio-históricas, xeográficas... Explicar as imaxes e desartellalas desde dentro como método parece verdadeiramente útil.
Saúdos e felices festas!