O tema 6 da materia deu, sen dúbida, moito que falar, tanto no relacionado cos contidos como no relacionado coas tarefas para traballalos. Adicamos estas sesións a coñecer de xeito pormenorizado a estrutura e contidos principais das programacións didácticas, e puidemos saber un pouco máis sobre o papel das mesmas nas oposicións.
Para profundizar nesta última cuestión e familiarizarnos tamén cos criterios de avaliación que se toman en conta á hora de valorar e puntuar a programación didáctica creada polos opositores, levamos a cabo un exercicio consistente en seleccionar unha programación real e avaliala a través da rúbrica empregada nas oposicións. Quérome centrar neste exercicio e destacar os que son, ao meu parecer, os seus aspectos máis positivos e negativos.
En canto ao positivo, coido que o tema do exercicio resulta interesante para todo ou para a gran maioría do alumnado. Ata o de agora non profundizaramos de xeito claro nos procedementos e partes das oposicións (si comentamos algunhas cuestións nalgunha outra materia, pero tampouco demasiado, nin do xeito que a todos nos gustaría). Este tipo de exercicio grupal, permitiunos, a través da observación e do análise, comezar a crear un pequeno esquema mental do que debe ser unha programación didáctica (e como, polo visto na clase, non é común atopar unha programación que se achegue á perfección). En todo caso, se ben as rúbricas proporcionan unha boa guía para a avaliación, a tarefa pode presentar algunhas complexidades: no noso grupo presentáronse certos debates nalgúns dos puntos avaliables. Con todo, non foi especialmente difícil, xa que na maioría de aspectos si que estivemos de acordo. Este proceso de debate enriqueceu tamén a actividade e penso que, en xeral, todos podemos estar satisfeitos do traballo levado a cabo.
En canto
ao negativo, coido que as condicións nas que levamos a cabo a actividade non
foron as mellores. Trátase dun exercicio que require certo tempo e atención e,
lamentablemente, a sensación é de que moitos de nós tiñamos a cabeza un tanto “dispersa”
debido á gran cantidade de actividades que se xuntou nun breve espazo de tempo. Neste caso, ademáis, apenas tivemos tempo durante as clases para preparalo. Botamos en falta algúns cambios na organización para poder levar a cabo esta
tarefa dun xeito un tanto máis relaxado, se ben é certo que todos agradecemos
enormemente a ampliación do prazo para a redación das entradas do blog, que,
sen dúbida, supuxo un alivio.
A grandes
rasgos podemos dicir que estamos ante un tema é uns exercicios que probablemente
sexan dos máis interesantes de toda a materia e que, a pesar de non poder
trabllarse nas condicións idóneas, supuxeron un avance importante na nosa
comprensión do funcionamento das oposicións e do que debe ser unha programación
didáctica. Nas nosas mans queda traballalo e procurar non guiarnos demasiado
polo que podemos atopar na rede xa que, visto o visto, podémonos levar unha
sorpresa negativa.


Comentarios
Publicar un comentario