Didáctica: Tema 3

 

No tema 3 traballamos diversas cuestións que abarcaron a análise e creación de actividades de mediación, comprensión e expresión, así como o deseño dunha rúbrica para a avaliación. Se ben todas son relevantes, gustariame centrarme fundamentalmente no deseño das actividades de mediación e de comprensión escrita, que, dende o meu punto de vista, foron probablemente o máis interesante destas sesións. A miña idea é, principalmente, falar brevemente destas actividades, destacando aqueles aspectos que considerei máis relevantes na miña formación como docente para, a modo de conclusión, dar a miña opinión sobre o modo en que se desenvolveron as sesións.

O concepto de mediación resultou problemático para aqueles estudantes, probablemente a maioría, que partíamos da concepción das “catro destrezas” (producción e comprensión oral e escrita), e que tivemos que asimilar o “novo” esquema de modos de comunicación, que abrangue comprensión, expresión, interacción e mediación. Crear unha actividade de mediación resultou unha tarefa bastante complexa, pois non foron poucas as ocasións nas que tivemos que debatir sobre o propio concepto mesmo. A nosa actividade plantexaba unha situación de búsqueda de piso por parellas, a partir de incluía os tres elementos de mediación comentados na clase: mediación verbal (inter-lingüística, transmitindo a información dos anuncios á parella, que traballou con anuncios distintos), multimodal (os anuncios contiñan información verbal e visual), e intracultural (os membros da parella teñen a mesma L1). 

Traballar nesta actividade fíxonos comprender moito mellor a idea de mediación (podes clicar aquí para ver un vídeo que resume moi ben en que consiste), e diferenciala definitivamente do concepto de “traducción”. A mediación como actividade resulta nun traballo ata certo punto máis espontáneo por parte do estudante, que precisa da movilización dos recursos dispoñibles no momento para “transformar” o texto dado, facéndoo comprensible. De feito, o mediador parece achegarse máis a un “relator” que presenta unha información asegurándose de que esta é transmitida do xeito máis claro posible, transformando o texto orixinal canto sexa necesario (sen modificar a información esencial), que a un “tradutor”, que realiza o seu traballo dende a fidelidade de cara ó texto orixinal. Ao longo da nosa actividade, procuramos precisamente profundizar nesta idea do mediador como un axente “transformador” do texto. Incluimos, con esta idea en mente, o obxectivo de “convencer” á parella de que a escolla de piso feita é a mellor: deste xeito, o alumno ou a alumna non ten so que comprender o texto e facerlle chegar a información á suá parella, senón que terá que a mediación cunha finalidade de persuasión. Esta meta implica a necesidade de facer unha escolla moi selectiva da información, destacando o positivo do piso escollido  e propoñendo argumentos que reforcen e xustifiquen a escolla do piso en cuestión (e, polo tanto, imos máis aló dunha mera transmisión de información ou tradución dos anuncios).

Por outro lado, deseñamos por parellas unha actividade de comprensión oral e escrita. Neste caso, ao non traballar un concepto tan novo como o de “mediación”, a idea da tarefa estaba máis clara dende o comezo. Neste caso a actividade ten como recurso principal un texto que trata sobre as redes sociais. Para traballar este texto organizamos diferentes actividades que dividimos de acordo as fases de presentación/familiarización, primeira lectura, segunda lectura e finalmente poslectura, cun debate en dous grupos, conformando unha estrutura que se axusta as distintas etapas de lectura do texto. Tivemos en conta ademáis a temática arredor da que xira actividad, entendendo que resultaría atractiva para un alumnado na adolescencia, e, como docentes, procuramos precisamente estimular a reflexión tanto sobre o contido da sesión, como sobre a propia sesión, dándolles a oportunidade de, a través das redes sociais, indicarnos que lle pareceu a clase.


Coido que o interesante deste tipo de traballos está non so nos contidos en si mesmos, senón no tipo de dinámica que o docente, coa colaboración do alumnado, sexa capaz de xenerar na aula. Por exemplo, a actividade que acabamos de presentar busca fomentar o interés e a participación do alumnado, tendo en conta os seus intereses e idades. De feito, traballar a comprensión lectora a partir das redes sociais semella un exercicio interesante e produtivo, como podedes ler aquí. Máis que procurar a comprensión dun texto (para o cal bastaría con darlles o texto e algún recurso para facilitar o traballo, como un dicionario online, xenerando probablemente situacións como a da imaxe superior), o que procuramos é que o traballo de comprensión escrita se realice nun contexto amable, que fomente a participación e que amenice a tarefa dando os pasos adecuados. Entre “dar un texto” sen máis, e traballo paso a paso, a diferencia de contido é nula. Sen embargo, temporalizar a actividade axuda a que os alumnos vaian, antes ou despois, achegándose á mesma e buscando a participación. De aí que entenda que, se ben os contidos son importantes, o xeito de presentalos e estruturalos (que, a fin de contas, é o que pode diferenciar a un bo docente dun que non o é) resulta fundamental para que a tarefa teña éxito. 

A modo de conclusión, podo dicir que estou considerablemente satisfeito co desenvolvemento das sesións pertencentes a este tema. A combinación entre teoría e práctica, se ben se fixo dura algún día (a partir das 3 horas de sesión resulta moi difícil realizar traballos prácticos, polo menos para min), foi plantexada dun xeito equilibrado e proveitoso. As actividades foron estimulantes e pensó que moitos de nós, ao remate dalgunhas delas, sentímonos satiseitos cos resultados. Aproveito para destacar tamén a mistura de actividades de diferentes temas, que axudan a que comprendamos os diferentes procesos docentes de xeito aillado ou descontextualizado, e favorecendo a aprendizaxe de contidos dende unha perspectiva integral. Sen dúbida, na nosa futura labor como docentes, poderemos facer bo uso do aprendido nestas sesións, o cal é de agradecer!

Comentarios

  1. ¡Hola, Diego! ¿Cómo estás?

    Yo también comparto tu reflexión de que puede ser difícil hacerse con el concepto de mediación, sobre todo para aquellos que venimos de otra estructura anterior. Sin embargo, me parece una idea muy interesante y que puede resultar muy útil a la hora de comunicarse con los demás, ya que al final, ese es el punto de aprender un nuevo idioma.

    También me llama la atención la diferencia entre traducción y mediación. En cierto modo, cuando los alumnos todavía están en el proceso de dominar un idioma, me parece mucho más útil la mediación. Se trata de hacerle llegar a otra persona un mensaje y no tiene que ser exactamente fiel a las palabras de origen (aunque sí en significado, claro) y al final, también obliga al alumno a buscar una manera efectiva de transmitir algo a otra persona. Creo que es una destreza muy útil para ayudar al alumno a comunicarse y a soltarse con el idioma.

    Por último, a mí también me parecieron muy útiles las actividades prácticas, aunque he de reconocer que llega un momento que es difícil concentrarse, como bien mencionas. Sin embargo, pienso que ahora es más fácil crear una actividad de mediación, ya que no partimos de cero.

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario