Tema 6 (diario): reflexión sobre o nivel das programacións didácticas


Nesta entrada quero comentar un aspecto concreto que me chamou a atención do tema 6. Á hora tanto de avaliar á programación didáctica que o noso grupo escolleu, como de ver o traballo que fixeran o resto de compañeiros e compañeiras, sorprendeume (para mal) a calidade de boa parte das programacións. Sen ser un desastre, e cumprindo todas ou a maioría delas co que serían os requisitos mínimos para aprobar no caso de ser presentadas nunhas oposicións, o certo é que é chamativo que o nivel non sexa outro. A sensación que da é de que non se terminan de tomar en serio algúns puntos da mesma, mais aínda que non deixa de ser unha impresión persoal.

Por outro lado, tampouco tería por que resultar tan sorpresivo. A fin de contas, como vimos, a administración unicamente ofrece unhas orientacións para que os departamentos as elaboren e non existe un formato fixo, polo que á vez que hai lugar para a creatividade e para a adaptación a cada caso, tamén o hai para todo o contrario. E, tendo en conta isto, gustariame abrir dous debates que, coido, poden dar bastante do que falar.


En primeiro lugar, o mais que comentado debate sobre a autonomía dos centros e docentes, en contraposición á unhas maiores competencias institucionais do goberno autónomo ou estatal. Considerando todas as vantaxes que ofrece unha posición de maior autonomía por parte dos centros e dos docentes (incluindo a posibilidade de realizar as programacións adaptadas a cada centro e alumnado), este desleixo na súa elaboración semella un tanto  irrespectuoso coa propia función docente. Se tomamos en conte as fontes da programación en relación coa que traballou o noso grupo, dende logo a fonte psicolóxica e sociolóxica apenas aparece por ningures. É curioso, xa que, estas dúas fontes son as que precisamente poden dotar dunha identidade propia á programación, ao ter en conta o alumnado e o entorno do centro, e son por iso as idóneas para que se traballen dende os departamentos e non dende a administración. É certo que realizo esta reflexión partindo das poucas programacións vistas, pero… non están algúns departamentos, en certa medida, renunciando a facer un uso proveitoso da autonomía da que dispoñen?

Por outro lado, habendo uns criterios máis ou menos ben definidos para a avaliación da programación nas oposicións, e sendo esta unha parte tan importante das mesmas… como é posible que os departamentos traten este tema deixando unha sensación de desinterés pola súa parte? As programacións, ademáis de axudar a coordinar a labor docente, pode resultar unha fonte de información interesante e útil para os propios alumnos, así como para nais e país. Coido que se lle debe dar a importancia e seriedade que merecen, e que facelo supón non so un acto de profesionalidade na labor docente, senón tamén un acto de respecto con alumnado e familias.  

Comentarios

  1. O profe de portugués - https://oprofedeportugues.fala.gal/

    Ola, Diego! A verdade é que me parece un debate interesante á vez que complicado de analizar. Da miña perspectiva, a autonomía que se lle dá aos centros docentes tamén é moi positiva, así como ao profesorado á hora de programar e adaptarse o máis posible ao contexto no que desenvolve o seu labor.

    Reflexionando sobre a cuestión, ocórrenseme algunhas posibles razóns para que haxa ese desleixo nas programacións. A primeira é sobre a sobrecarga xeral de traballo do profesorado, que ten que atender non só a programar senón a moitas outras cuestións burocráticas ou de funcionamento do centro e do departamento. A segunda, supoño que para adaptarse á realidade de cada grupo-aula haberá que facer uso de recursos (profesorado de apoio, talvez materiais adicionais ou mesmo dispositivos electrónicos específicos...) e non sei ata que punto a administración competente está disposta a investir no ensino público para facilitarlle eses recursos aos centros.

    Se algunha destas cousas fose verdade, a sobrecarga de traballo e a falta de recursos desmotivaría este profesorado para levar a cabo unhas programacións de calidade, prexudicando como ti dis todos os membros da comunidade escolar.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola, Diego! Feliz año nuevo, espero que tuvieses buenas fiestas :)

    Concuerdo totalmente contigo en que las programaciones que vimos en el aula no estaban completas y también me esperaba otra cosa. Creo que en parte puede deberse a que los docentes y centros tienen que cubrir una gran cantidad de papeleo y que normalmente eso es algo que todo el mundo odia. Quizás una posible solución sería que, por un lado los centros se viesen obligados a tomarse esto más en serio y que, por otro, la administración simplificase un poco toda la parte de documentación.

    Lo que me ha encantado de tu entrada es que hayas recalcado lo de que los aspectos sociológicos y psicológicos no aparezcan por ninguna parte. La verdad es que yo ni lo había pensado, pero es totalmente cierto que es lo que va a hacer que el centro tenga identidad propia. No sé cuál será el motivo para esto, porque seguro que hay un montón de docentes que tienen propuestas e ideas para hacer esto...

    Concuerdo totalmente contigo en que las programaciones son muy importantes y que queda mucho trabajo que hacer con respecto a esto.

    ¡Un saludo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario