A avaliación é, sen dúbida, un dos primeiros aspectos que a maioría de estudantes desexa coñecer no comezo de curso. Nesta entrada pretendo facer unha pequena reflexión sobre aqueles puntos tanto positivos como negativos que atopo no sistema de avaliación das Escolas Oficiais de Idiomas tal e como vimos nas sesións do tema 5, cuxo currículo se establece tomando como base as directrices do Marco Común Europeo de Referencia. Tomarei como referencia a Escola Oficial de Idiomas de Vigo e o seu documento de puntos comúns para as programacións didácticas, elaborado polo propio centro.
A avaliación, de acordo á súa finalidade, pode ser inicial, formativa, sumativa (de promoción) ou certificadora. Con todo, as dúas primeiras teñen un caracter unicamente orientativo, mentras que as avaliacións de promoción e de certificación estruturánse en probas finais que supoñen o 100% da nota final (cunha posibilidade de aumentar a nota un 10% no caso das avaliacións de promoción mediante a participación na aula). Este último é o aspecto cuxa eficacia resulta, dende o meu punto de vista, máis cuestionable e pode restar certa flexibilidade e autonomía docente, ao condicionar a direción do curso de cara á realización de esas probas finais que son o que, de xeito único, determinará a promoción ou certificación do alumnado. Alén disto, dotar unicamente de carácter orientativo as probas realizadas na finalización do cuadrimestre e as actividades realizadas durante o curso, limita as posibilidades do alumno de recibir unha calificación acorde ao seu verdadeiro nivel (o cal pode, no peor do casos, complicar a súa promoción ou certificación) e pode influir na súa motivación. Entendo, en todo caso, que máis aló da normativa oficial, os docentes poidan actuar en certa medida e ter en conta nos procesos de avaliación o que coñecen de cada alumno ou alumna pola súa propia experiencia, modificando ata certo punto a calificación final.
Con todo, este sistema permite ós alumnos adecuarse a un modo concreto de avaliación durante toda a súa estancia na EOI, e organizar as súas estratexias de estudo coñecendo con claridade que é aquilo que se lle vai esixir, cando, e como. É dicir: coñecer con claridade un sistema de avaliación (por exemplo, a súa estruturación en distintas probas ligadas á produción, coprodución, comprensión e mediación tanto oral e escrita) pode facilitar a adecuación da ensinanza nas EOI a un dos seus principios metodolóxicos: o fomento da autonomía no estudo, xa que o alumnado poderá organizar o seu tempo e carga de traballo cun horizonte preciso non so durante un curso, senón durante toda a súa estancia na escola.
Por último, poderiamos debatir tamén ata que punto o sistema de avaliación das EOI é o idóneo no relativo á atención á diversidade, máis aló de que existan opcións de flexibilizar o currículo. Non semella un sistema especialmente eficaz para limitar a un conxunto de probas finais a calificación de alumnos con TDA ou, por exemplo, con ansiedade. De feito, ata alumnos sen estas condicións poden non demostrar o seu nivel real por cuestións de cansancio, falta de sono ou, simplemente, por ter un mal día. Nese senso, coido que é necesario diversificar e repartir a porcentaxe da calificación en outras probas durante o curso, independemente de que as probas finais poidan supor un maior peso na calificación.

¡Hola Diego! Tu entrada sobre la evaluación en las Escuelas Oficiales de Idiomas me ha parecido muy acertada. Si bien nunca he asistido en primera persona a algún curso de la EOI, sí conozco experiencias de otras personas que me han comentando opiniones diversas sobre el sistema de evaluación que llevan a cabo. La verdad es que desconozco si, en la evaluación de tipo certificadora existe la posibilidad de realizarla de nuevo en el caso de suspender. Si este no es el caso, el alumno que a lo mejor sí ha aprobado el otro tipo de evaluaciones, se pueda sentir frustrado y sin ganas de continuar, pues su rendimiento no ha sido el adecuado, aunque sí haya sido durante el resto del curso.
ResponderEliminarLa verdad es que, en mi opinión, este tipo de evaluación "única", donde te lo juegas todo a un examen, no me parece la más acertada si el alumno se tiene que esforzar igualmente para realizar otro tipo de actividades durante el curso.
¡Un saludo!