Tema 1: O plurilingüismo na educación recente e a posición hexemónica do inglés

Nas sesións do tema 1 da materia puidemos parender, en termos xerais, a evolución da ensinanza de linguas estranxeiras en España dende o século XIX. Máis aló das grandes diferenzas (e tamén de importantes similitudes) entre a situación da primeira metade do século XIX e a actual, gustariame comezar esta primeira entrada cun pequeno fragmento do preámbulo da  LOMCE en relación ó plurilingüismo:

La Ley apoya decididamente el plurilingüismo, redoblando los esfuerzos para conseguir que los estudiantes se desenvuelvan con fluidez al menos en una primera lengua extranjera, cuyo nivel de comprensión oral y lectora y de expresión oral y escrita resulta decisivo para favorecer la empleabilidad y las ambiciones profesionales, y por ello apuesta decididamente por la incorporación curricular de una segunda lengua extranjera

A maior importancia que a LOMCE outorga no seu preámbulo ó aprendizaxe de linguas - estranxeiras, este matiz é importante – aparece acompañado, como é habitual no texto, da ideas de empleabilidade e ambicións profesionais, é dicir: os idiomas como ferramentas para cubrir un oco no mundo laboral. Isto non é ningunha novidade, nin nada que sorprende ou incluso que sexa criticable, posto que un dos obxectivos da educación ten que ver coa formación de persoas que participen activamente na sociedade a través de, entre outros xeitos, a súa participación como traballadores/as. Dende esta perspectiva, ligada tamén á idea de prestixio tan presente sempre no referido ós idiomas, compréndese o proceso mediante o cal o inglés se converteu en lingua franca e pasou a ensinarse de xeito maioritario nos centro educativos, reemplazando así a posición do francés como principal lingua estranxeira nos anos 70.

O tema das escolas bilingües é do plurilingüismo non está libre de polémica, aínda que neste caso gustaríame centrarme no feito de que, máis aló da aparición dunha oferta maior de linguas estranxeiras, a posición hexemónica do inglés apenas varía. As seguintes táboas amosan amosan datos ó respecto do curso 2018-2019 e están extraídas da web do Ministerio de Educación:



Nas etapas de Primaria e ESO, na que o 100% do alumnado estuda unha primeira lingua estranxeira, aproximadamente o 99% cursa inglés. Para os datos de bacharelato as cifra son moi similares (a primeira lingua estranxeira é obrigatoria, o 96,7% reflexado no total é debido a que algúns alumnos realizaron matrículas parciales). Se observamos os datos da segunda lingua estranxeira, vemos que o francés ocupa unha posición maioritaria, pero as porcentaxes de estudantes caen de xeito considerable, situándose do 20-25% en Primaria e Bacharelato, e no 42% na ESO. Cabe destacar, por outro lado, que, se ben hai un aumento considerable no número de alumnos e alumnas de segunda lingua estranxeira na Educación Primaria (pasando do 5,3% e 5,% de 2009 e 2014  ao 20% para o curso 2018-2019), a cifra na ESO apenas variou e, no caso de Bacharelato, se ben aumentou un 2% dende o curso 2013-2014, no 2008-2009 era un 4% superior.

Se atendemos á ensinanza bilingüe/plurilingüe, as cifras van acorde o comentado. O inglés é o idioma claramente predominante:



Se pasamos as cifras a porcentaxes o inglés ocupa arredor 96% do total (algo máis, incluso, se temos en conta o alumnado que recibe as clases en inglés e francés). Aquí si se aprecia con claridade un cambio respecto a etapa anterior á implantación da LOMCE. No curso 2011-2012, o número total de alumnos que cursaban este tipo de programas de aprendizaxe en lingua estranxeira era de 462.013 alumnos, aproximadamente 900.000 menos (esta información pódese atopar tamén na web do Ministerio). Ainda así, no que respecta á posición do inglés, en términos porcentuales a situación apenas variou: un 93% do alumnado que recibiu este tipo de ensinanza no 2011-2012 fíxoo en inglés. Hai que destacar, non obstante, o aumento no número de alumnos no caso de outras linguas, especialmente de alemán e francés, aínda que todavía moi lonxe das cifras do inglés.


As conclusión que se poden extraer destas cifras son, sen dúbida, diversas, dependendendo da perspectiva dende a que se observe. A min gustaríame chamar a atención sobre a posición hexemónica do inglés, que lonxe de perder certa forza ou correr o risco de ceder parte do seu protagonismo a outras linguas, continúa (e con seguridade continuará) sendo a principal lingua estranxeira estudada cunha diferencia abismal.  Non é ningunha sorpresa, tratándose da lingua franca e, sen dúbida, cada vez máis un requisito indispensable no ámbito laboral. Por outra parte é, sen dúbida, unha boa noticia a aparición de idiomas que ata non hai moito contaban cunha presenza mínima ou directamente inexistente, como o portugués. Gustaríame, con todo, deixar caer un tema para a reflexión, para quen o queira coller: ata que punto se está caendo (dende hai décadas), nun exceso de mercantilismo coas linguas na ensinanza? Nunha sociedade ideoloxicamente polarizada como a española, e na que a convivencia de diversas linguas é un debate político constante (como estamos a ver de novo coa aprobación da LOMLOE), estamos sabendo traballar dende a educación as linguas como un elemento de valor sociocultural que merece respecto e aprecio máis aló da súa utilidade no ámbito laboral? Se temos en conta este valor cultural das linguas desligado do seu prestixio e o de seu valor no currículum vitae de cada un, realmente ten sentido un fomento do plurilingüismo que non recolla non so a ensinanza, se non o aprecio, a tolerancia e o interese polas linguas cooficiais do Estado, e por linguas estranxeiras minoritarias? Dende o meu punto de vista, a resposta a todas estas preguntas ben recollida no párrafo da LOMCE que serve de introducción para a entrada: o estudo de linguas estranxeiras, máis aló do que sinalen os currículos das materias (que, por certo, si que aluden ó valor sociocultural das linguas) está enfocado, como case toda a ensinanza, dende unha perspectiva de mercado.



Comentarios

  1. Ola, Diego!

    Creo que non podo estar máis de acordo con todo o que dis na túa publicación e como deixaches algunhas preguntas para reflexionar, vou comentar a miña opinión xeral sobre unha delas e sobre as túas conclusións. Persoalmente, estou un pouco cansa da posición hexemónica do inglés. A pesar de ser a lingua pola que decidín estudar Tradución e que empreguei e continuo empregando como instrumento de traballo, non me da chegado o día en que o mundo se de conta da importancia doutras linguas e deixe de “facerlle a pelota” ao inglés. En relación con isto, nada me pon máis contenta que saber que o portugués empeza a estar presente nas aulas, xa que non me colle na cabeza como a maioría dos españois non ten nin idea do idioma dun dos seus países limítrofes. É incrible! E, por último, en relación coa túa pregunta sobre o valor sociocultural das linguas, a miña opinión é que non, non considero que se aprecien as linguas máis alá da súa utilidade no mundo laboral porque, como dis ao final, todo está enfocado dende unha perspectiva de mercado e os intereses económicos sempre están por enriba de todo. Ademais, foméntase que o alumnado sepa tal lingua para conseguir X posto de traballo ou para aprobar X exame… Mentres que os políticos non deixen de poñer os seus intereses por enriba dos intereses dos estudantes, non creo que nada disto mude.

    Grazas por esta entrada! Saúdos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Belén!

      Grazas polo teu comentario. Pois 100% de acordo con todo o que dis. Alégrame que entre as persoas que se adican ó ensino de inglés tamén haxa críticos con esta xerarquización das linguas e coa mercantilización que se fai das mesmas. Como dis, o que non ten sentido é que non coñezamos as linguas de zonas limítrofes ou nin tan sequera as do propio conxunto do Estado.

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Ola, Diego!

    Primeiro, felicitarche pola túa entrada, pareceume moi interesante.

    Xa choveu desde que acabou a miña época no instituto e na miña volta á vida estudantil sorprendeume bastante as tendencias e a linguaxe que dominan o ámbito educativo: innovación, coaching, usuarios da lingua… Non o podo evitar, pero lémbranme excesivamente á xerga empregada en márketing, e sinceramente, asústame moito.

    Por outra banda, resulta asombroso que as linguas cooficiais do Estado non se impartan nas nosas aulas. Algo tentaron hai uns anos, pero Rajoy sinalou que “Hay que ser sensatos y dejar de jugar a hacer demagogia”, ou o que é o mesmo, centrarnos no inglés que para iso vivimos nun mundo globalizado [https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/no-estudiar-gallego-jaen-JACG260900].

    É obvio que mentres que o inglés sexa a lingua da ciencia e a tecnoloxía será moi difícil que perda ese papel hexemónico. Con todo, considero que lingua e cultura conforman unha realidade indisociábel; é unha pena que a nivel lexislativo non se poña en valor o noso patrimonio (e tamén o doutros países).

    Felices festas! 😊

    ResponderEliminar

Publicar un comentario